Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta RECOMENDACIÓNS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RECOMENDACIÓNS. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de xuño de 2024

 FIN DE CURSO E DESPEDIDA


Ratiños e ratiñas lectores e lectoras:

Rematamos un curso máis as andainas da biblioteca do Rosalía coas súas mascotas Leo e Páxina.

 


 A modo de despedida, agasallamos aos colaboradores e colaboradoras na xestión e traballo desta biblioteca( alumnado de sexto de primaria), cuns diplomas conmemorativos e uns marcapáxinas.




Deixámosvos por aqui unas recomendacións de lecturas fresquiñas para o verán,  e ademáis non esquezades desfrutar dos xogos, a praia e a piscina, os viaxes e paseos, e as festas.

 



 



Moita sorte aos alumnos e alumnas que comezan unha nova etapa, e....


FELIZ VERÁN A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP ROSALÍA DE CASTRO!!!

 

Vémonos en setembro con moitas máis ganas de saber e leer!!!



xoves, 22 de xuño de 2023

 CONTACONTOS INFANTIL


Ola ratiños e ratiñas, qué tal estades?

O pasado martes día 20 tivemos a visita de Julia, unha profe do primeiro ciclo de Educación Infantil que veu a presentarnos un conto chulísimo que ela mesma escribeu.

O título do conto é "Un extraño en la granja" e fala da diversidade e da importancia de traballala, integrala e aceptala, xa que todos e todas somos diferentes.

Lembrade que os beneficios da venta deste conto serán doados ao proxecto creado no Hospital Clínico de Santiago para mellorara asistencia, docencia e investigación pediátrica.

Nos dende a biblio xa temos os nosos exemplares encargados, esperamos que cando os teñamos, volva Julia e os asine.







xoves, 15 de xuño de 2023

 RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN


Ola ratiños e ratiñas, Leo e Páxina estivemos a investigar sobre novas lecturas que vos poden gustar para entretervos no verán e seguir cos vosos hábitos lectores.


Son novidades moi fresquiñas que esperamos que disfrutedes moito.

Lembrade que aquí pretiño temos estupendas librarías e bibliotecas que nos poden axudar a conseguir estes títulos e moitos outros máis, facédelle unha visitiña e desfrutade do seu asesoramento e fondos.


Esperamos que vos gusten moito!!!

Un saúdo de Leo e Páxina




mércores, 30 de novembro de 2022

 INICIATIVAS DE NADAL DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN


Mirade ratiños e ratiñas, que actividades máis chulas nos propoñen dende o equipo de dinamización da lingua.


Lembrade que se queredes participar, na biblio poderedes atopar información, axuda e moooooitas ideas.


VISITADE A BIBLIO!!!!

















luns, 26 de abril de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DOS NOSOS BOOKTUBERS E CONTACONTOS DENDE AS CASAS

 O LONGO DESTA SEMANA DO LIBRO O ALUMNADO DO CEIP ROSALÍA DE CASTRO E DOUTROS MOITOS CENTROS GALEGOS CONVERTÉRONSE EN "BOOKTUBERS".


O TERMO "BOOKTUBER" EMPRÉGASE PARA NOMEAR A COMUNIDADE DE CREADORES DE VÍDEOS E CONTIDOS RELACIONADOS COS LIBROS QUE SE SOBEN A INTERNET.

ESTE TERMO PROCEDE DAS PALABRAS  "BOOK" = LIBRO EN INGLÉS E "TUBER" = FINAL DA PALABRA "YOUTUBE" , QUE É UN SITIO WEB ADICADO A COMPARTIR VIDEOS.

DENDE A BIBLIO.ROSALÍA  QUIXEMOS MONTAR UNHA PRESENTACIÓN PARA QUE SEXA MAIS DOADO ATOPAR AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS DOS NOSOS BOOKTUBERS.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN.



ADEMAIS FORON CHEGANDO CONTACONTOS DENDE AS CASAS PARA DISFRUTAR NO TEMPO DO RECREO OU DE OCIO NESTES DÍAS DE PRIMAVERA CHUVIOSA. 

PODEDES ACCEDER A ESTAS "CONTADAS DENDE AS CASAS" A TRAVÉS DA NOSA BIBLIOTECA VIRTUAL QUE ATOPAREDES A CONTINUACIÓN:


#CREAccións para festexar o Día do Libro

domingo, 21 de marzo de 2021

21 de MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA E DÍA DA ÁRBORE

 

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, co obxetivo de apoiar a diversidade lingüística e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.

Ademais, búscase promover a ensinanza da poesía, fomentar a tradición oral dos recitais poéticos, apoiar ás pequenas editoriais, crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que non se considere unha forma anticuada de arte, senon unha vía de expresión e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura.

Na biblio.rosalía non queremos deixar pasar esta data sen fomentar a lectura e recitado de poesía no noso alumnado, polo que dende o día 22 de marzo teredes na biblioteca un expositor con poemarios e libros de poemas que podedes pedirlle aos vosos titores para que leven a vosa aula na biblio.mobil.

Ademais, hoxe, día 21 de marzo é o Día Da ÁRBORE, polo que vos deixamos estés poemas da poetisa galega Yolanda Castaño sobre árbores:

E este poema da nosa poetisa favorita: Rosalía de Castro, titulado: "Vaca, árbore e hórreo" para que disfrutedes:



luns, 8 de febreiro de 2021

ENTROIDO NA BIBLIO.ROSALÍA

 COMEZAMOS  A SEMANA DE ENTROIDO, E PARA ELO NA BIBLIO.ROSALÍA CREAMOS UN RECUNCHIÑO CON LIBROS SOBRE ESTA TEMÁTICA. 


ADEMAIS COLABORAMOS CO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA NA CREACIÓN  DO RECUNCHO PARA AS MANDAS DO MECO NA ENTRADA DO COLEXIO.

ESPERAMOS QUE PASEDES UNHA BOA SEMANA DE ENTROIDO E POIDADES DISFRUTAR DESTA FESTA AÍNDA QUE SEXA DUN XEITO DIFERENTE ESTE ANO.




sábado, 30 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ 2020

 DENDE A BIBLIO.ROSALÍA QUEREMOS CONMEMORAR O DÍA DA PAZ, E PARA ELO NA BIBLIOTECA TEMOS UN RECUNCHO COS LIBROS RELACIONADOS CON ESTA TEMÁTICA, PARA QUE OS TITORES VOLOS POIDAN LEVAR AS AULAS SE OS PRECISADES.


PARA CONMEMORAR ESTA DATA A PROFE PAULA DE EDUCACIÓN INFANTIL, MANDOUNOS UNHA CONTADA DENDE A SÚA CASA.


ADEMAIS O EQUIPO DE EXTRAESCOLARES ESTÁ PREPARANDO XUNTO COS MESTRES E ALUMNADO DO CENTRO UNS CONTOS E CANCIÓNS RELACIONADAS CON ESTA CONMEMORACIÓN. 

PRONTO DEIXAREMOS O ENLACE CON ESTA ACTIVIDADE NO BLOGUE, PERO PARA IR ABRINDO BOCA, NA PÁXINA WEB DO COLE O EQUIPO TIC DEIXOU COLGADOS NUMEROSOS RECURSOS. 

PODEDES CONSULTALOS FACENDO CLIC NA SEGUINTE IMAXE:



FELÍZ DÍA DA PAZ


venres, 18 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

 DENDE A BIBLIO.ROSALÍA  QUEREMOS FACERVOS UNHAS RECOMENDACIÓNS DE LIBROS, XOGOS, CDS E PELÍCULAS PARA QUE LLE POIDADES PEDIR A PAPÁ NOEL E AOS REIS MAGOS OU PARA QUE POIDADES DISFRUTAR DELES DURANTE AS VACACIÓNS DE NADAL.


 (recomendacións elaboradas polos equipos das bibliotecas escolares do CEIP Rosalía de Castro e do CEIP Flavia)

xoves, 23 de xullo de 2020

ACIVIDADES PARA O VERÁN SOBRE O XARDÍN BOTÁNICO

HOXE PROPOÑÉMOSVOS UNHAS ACTIVIDADES PARA FACER CANDO VISITEDES O XARDÍN BOTÁNICO DE PADRÓN.
COMO VOS INFORMÁMOS A PRINCIPIOS DE XULLO,  DURANTE ESTE VERÁN PODEDES VISITAR O XARDÍN BOTÁNICO A TRAVÉS DUNHAS VISITAS GUIADAS, E A TRAVÉS DA PÁXINA WEB DO XARDÍN BOTÁNICO PODEDES DESCARGAR O LIBRO DAS ÁRBORES SENLLEIRAS, UN TRÍPTICO FOLLETO MOI INTERESANTE E UNHAS FICHAS PARA INVESTIGAR CANDO VISITEDES O XARDÍN.
SE CLICADES NA IMAXE DO XARDÍN ACCEDEREDES A SÚA PÁXINA E A TODA A INFORMACIÓN:

ADEMAIS PODEDES ACCEDER AO MATERIAL DIRECTAMENTE CLICANDO NOS SEGUINTES ELEMENTOS:




DISFRUTADE MOITO DESA MARAVILLA NATURAL QUE ATOPAMOS NO CENTRO DA NOSA VILA.


venres, 12 de xuño de 2020

#orosaliaficanacasa LECTURAS PARA O VERÁN

Aínda que dunha maneira un pouco diferente, estase achegando o fin do curso escolar 2019-2020.
Os libros, a música, o cine, os xogos,... son os mellores medios de transporte cara un mundo de imaxinación e fantasía, e os mellores instrumentos para seguir aprendendo e coñecendo o mundo que nos rodea, todo isto puidemos comprobalo nestes tempos de confinamento. 
Por iso, como noutras ocasións, dende a Biblio.Rosalía e a Flavioteca (biblioteca do CEIP Flavia), compartimos con toda a comunidade educativa as nosas recomendacións lectoras para que as usedes de guía nas vosas futuras compras e disfrutedes deste verán.

Poderedes consultar esta guía a partir do luns  na Biblioteca Pública e nas librerías do concello.
Moitas grazas pola vosa participación nas actividades, retos e propostas feitas dende a Biblio.Rosalía (durante todo o curso, antes e durante o confinamento)
Seguiremos propoñendo cousas no blogue da biblioteca durante o verán, polo que non esquezades seguir visitándonos.



mércores, 29 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA #euquedonacasa


HOXE DENDE A biblio.rosalía QUEREMOSVOS ANIMAR A TODOS E TODAS A QUE VOS MOVADES E BAILEDES.

NA NOSA BIBLIOTECA TEMOS LIBROS, CDs E DVDs  QUE FALAN E NOS EXPLICAN DIFERENTES DANZAS.

DOUS DOS QUE MAIS NOS GUSTAN SON ESTES TRABALLOS DO GRUPO DE MÚSICA PESDELÁN, ONDE NOS MOSTRAN MÚSICA E BAILES GALEGOS, PORTUGUESES OU DOUTRAS PARTES DO MUNDO.


"NA PUNTA DO PÉ" 

"ENTROIDANZAS"

ESPERAMOS PODER ABRIR PRONTO A NOSA BIBLIOTECA PARA QUE POIDADES DISFRUTAR DE TODO ESTE MATERIAL.

DEIXOVOS UNHA CANCIÓN DO GRUPO MUSICAL UXIA LAMBONA E A BANDA MOLONA QUE NOS ENSINA A BAILAR UNHA MUIÑEIRA:





xoves, 16 de abril de 2020

#euquedonacasa DÍA MUNDIAL DA ARTE


ONTE CONMEMOROUSE O
DÍA MUNDIAL DA ARTE,

 DATA DECLARADA POLA ASOCIACIÓN MUNDIAL DE ARTE CO FIN DE PROMOVER CONCIENCIA DA ACTIVIDADE CREATIVA E ARTÍSTICA EN TODO O MUNDO. 



ESTABLECEUSE QUE FOSE O 15 DE ABRIL, DEBIDO A QUE FOI O DÍA DO NACEMENTO DE LEONARDO DA VINCI, UN DOS MAIS GRANDES ARTISTAS DA HUMANIDADE , XA QUE FOI PINTOR, ESCULTOR, DISEÑADOR, POETA, BIÓLOGO,INVENTOR, ANATOMISTA ...


SE QUEREDES APRENDER ALGO MÁIS SOBRE LEONARDO DA VINCI, PODEDES VER OS SEGUINTES VÍDEOS.







E TAMÉN DISFRUTAR DESTES LIBROS DIXITAIS ARREDOR DA ARTES:















ESPERO QUE O PASÁRADES BEN!!!





mércores, 15 de abril de 2020

#euquedonacasa ENTRETEMENTO


HOXE QUEREMOS INVITARVOS A PASAR UN RATO DE RISA CO PALLASO PETER PUNK, QUE NOS VISITOU FAI DOUS ANOS NO COLE.

FACENDO CLICK NO CARTEL TENDES ACCESO A CANLE DE YOUTUBE ONDE TERÁ LUGAR O ESPECTÁCULO.


AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.

luns, 16 de marzo de 2020

eBIBLIO: LIBROS ONLINE

PODEDES ACCEDER A ESTA WEB eBiblio,DE SERVIZO DE PRÉSTAMO DE  LIBROS ELECTRÓNICOS.



PARA QUE ESTES DÍAS NA CASA,OS PASEDES ENTRETIDOS LENDO. 

#orosalíaficanacasa

mércores, 27 de novembro de 2019

PARTICIPACIÓN RETO 1 E ENTREGA DE PREMIOS.

FORON MOITOS OS PARTICIPANTES NO RETO 1 DA BIBLIO.ROSALÍA, PERSONAXES MITOLÓXICOS DO SAMAÍN.



ESTA SEMANA FIXOSE A ENTREGA DE DIPLOMAS POLA PARTICIPACIÓN E DOS PREMIOS A MELLOR INVESTIGACIÓN.

AS GAÑADORAS:

ALGÚNS PARTICIPANTES CO SEU DIPLOMA:




SEGUIDE INVESTIGANDO E PARTICIPANDO NOS RETOS LITERARIOS DA BIBLIOTECA.

luns, 25 de novembro de 2019

#25N#

NA BIBLIO.ROSALÍA PREPARAMOS UN ESPAZO CON LIBROS DE IGUALGADE E FEMINISMO PARA TRABALLAR O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.




luns, 24 de xuño de 2019

BOLETÍN DE VERÁN E DESPEDIDA

Compartimos convosco o noso tríptico con recomendacións lectoras e de xogos para o verán.
Esperamos que vos gusten.


Para elaboralo traballamos conxuntamente a biblioteca do CEIP Rosalía de Castro e a biblioteca do CEIP Flavia.

Ademais agradecémoslle ao alumnado colaborador da biblioteca no tempo de recreo a súa axuda e lles fixemos entrega da camiseta de "Voluntariado lector".

Disfrutade do verán e recordade...