Páxinas

xoves, 27 de abril de 2023

 FEIRA DO LIBRO


Ratiños e ratiñas, a nosa feira do libro foi todo un éxito!!!!

Toda a comunidade educativa desfrutamos dos libros

Deixámosvos unhas imaxes desta festa, coa que conmemoramos o Día do Libro 2023,  esta data tan significativa para as bibliotecas.

















venres, 21 de abril de 2023

 DÍA DO LIBRO II


Ratiños e ratiñas, amosámosvos máis actividades de conmemoración do Día do Libro:

Contacontos no recreo por parte das alumnas de quinto. Escolleron o libro"Chocolata"








O Equipo de Dinamización da Lingua propón un concurso de "Booktubers". Na páxina web do centro tedes toda a información e as bases.





 

O vindeiro martes 25 de abril imos celebrar na Biblioteca do noso centro unha Feira do Libro. A organización da mesma será a seguinte: durante toda a máñán, en horario lectivo os diferentes cursos van pasando pola Biblioteca en orde. Os de Primaria poderán traer entre 3 e 5 euros para adquirir algún exemplar se así o desexan, pero o alumnado de  Infantil non traerán cartos, visitarán a feira e poderán adquirir libros pola tarde en compañía das súas familias. Polo tanto a feira estará a vosa disposición, para as familias, en horario de 16:00 a 18:00.O acordo que temos para facer a feira é con Quérote Edicións.

xoves, 20 de abril de 2023

 ACTIVIDADES NA BIBLIO

Qué hai ratiños e ratiñas?

A nosa biblio acolleu esta semana unha xornada para traballar as emocións e a súa xestión.

Por aquí vos deixamos unhas fotiños do ben que o pasaron os rapaces e rapazas de segundo.









Tamén vos ensinamos unhas imaxes de cómo se vai desenvolvendo o obradoiro de recreo de colgantes de porta.













luns, 17 de abril de 2023

 SEMANA DO LIBRO

Ola ratiños e ratiñas!!

Hoxe Leo e Páxina, queremos propoñervos un novo obradoiro na biblio, como eses que vos organizaba Siria nos recreos.

Comezamos coa semana do libro e invitámosvos a decorar un colgador para a porta do voso cuarto ou da vosa biblioteca, que poidades poñer cando estades a ler.

Agardamos que vos animedes a vir e facer o voso colgante, logo faremos unha exposición con todos eles.

O videiro domingo 23 de abril, celébrase o Día do Libro, así que estade atentos porque traeremos máis novidades para celebrar esta efeméride.

Desfrutade do obradoiro!!!