Páxinas

mércores, 30 de novembro de 2022

 INICIATIVAS DE NADAL DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN


Mirade ratiños e ratiñas, que actividades máis chulas nos propoñen dende o equipo de dinamización da lingua.


Lembrade que se queredes participar, na biblio poderedes atopar información, axuda e moooooitas ideas.


VISITADE A BIBLIO!!!!

















venres, 25 de novembro de 2022

 EFEMÉRIDES

Qué tal ratiños e ratiñas?

Aquí vos deixo unhas imaxes sobre os materiais que temos na biblio para conmemorar o 25 de Novembro, 

DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.












Si queredes saber máis sobre esta importante data, invítovos a que busquedes a publicación no blogue do ano pasado e alí atoparedes máis información.

E coma sempre, vide a biblio e investigade sobre esta efeméride tan importante.

La puerta violeta (Rozalén)



xoves, 24 de novembro de 2022

 PROXECTO EMOCIONA T


Mirade ratiños e ratiñas o que está acollendo a nosa biblio estes días e seguiremos ata final de curso: o...


PROXECTO EMOCIONA T.

Con este proxecto traballaremos coas emocións, para aprender a recoñecelas e xestionalas, o que favorecerá ao noso benestar individual e a mellorar o entorno social que nos rodea.









mércores, 23 de novembro de 2022

 MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIO


OLA RATIÑOS E RATIÑAS:

Dentro das actividades do mes da ciencia, motrámosvos agora esta tan chula sobre a reciclaxe.

Qué tal vos manexades neste tema?

Sabedes o que é a reciclaxe e por qué é tan importante reciclar?

Coñecedes as cores dos cubos do lixo?

Se aínda non o tedes claro, seguro que esta actividade vaivos a axudar, esperamos que disfrutarades con ela e lembrade sempre:

A biblio espéravos para investigar e coñecer moito máis!!!!








MIRADE A EXPO EN DETALLE!!








venres, 18 de novembro de 2022

 ACTIVIDADES NAS QUE COLABORA A BIBLIO


Ei ratiños e ratiñas!!! Mirade que investigación máis chula fixo unha compañeira de quinto de primaria sobre fungos e cogomelos.







Lembrade visitar a nosa biblio se queredes ampliar información sobre este tema.

 DIA DA INFANCIA

Cómo vos vai ratiños e ratiñas? 

Hoxe a nosa biblio acolleu unha interesante charla para os alumnos e alumnas de primaria.

Xa que se celebra o domingo o Día Mundial da Infancia, Mariló, que é unha mamá de acollida veu a falarnos sobre a importancia de crecer no seo dunha familia e un fogar seguros.

Hai familias que por diversas razóns non poden proporcionar este clima de seguridade, afecto... e para iso están as familias de acollida que suplen esta función de xeito temporal.

Moitos de vos viñestes hoxe en pixama ao cole, pero non por despiste, senon para simbolizar o calor do fogar, e os momentos en familia como cando mamá e papá nos leen un conto antes de dormir, momento no que nos sentimos arroupados e protexidos.















venres, 11 de novembro de 2022

 CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Qué tal ratiños e ratiñas?

Neste mes de novembro, ademáis de seguir co outono, celebramos o mes da ciencia en galego na biblioteca.




Déixovos por aquí información , que publica a Consellería,  para dar visibilidade a esta data.


https://drive.google.com/file/d/1Pe9Osy0HNFlWQTg7Du0w0mlqS1WEyjZN/view?usp=share_link


Exposición de materiais conxunta co equipo de Dinamización da Lingua Galega





Ratiños e ratiñas, visitade a biblio para atopar moitas máis cousas interesantes sobre ciencia!!!