Páxinas

venres, 2 de xuño de 2023

 REMATANDO NA BIBLIO


Ola ratiños e ratiñas, estamos chegando ao remate do curso e a biblioteca do Rosalía comeza a pechar as súas portas.

Neste mes de xuño, necesitamos que devolvades todos os libros que tedes emprestados e nós, Leo o Páxina adicaremonos a colocalos e organizar os espazos e materiais para que logo en setembro poidamos volver a vernos canto antes.

De momento, deixámosvos unhas fotos de diferentes actividades que se foron realizando na biblio, promovidas e/ou apoiadas por ela.


MOCHILAS VIAXEIRAS





CHARLA SAÚDE BUCODENTAL








OBRADOIROS DE EMOCIÓNS









CHARLA SOBRE TRASTORNO BIPOLAR



PRESENTACIÓNS DE LIBROS



ACTIVIDADES E XOGOS NO ESPAZO MAKER







APOIANDO A OUTRAS LINGUAS



CONTACONTOS DE MAIORES A PEQUES



BIBLIO NO PATIO








mércores, 17 de maio de 2023

 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023


Boas ratiños e ratiñas!! Leo e Páxina estamos moi emocionados de poder celebrar o noso primeiro...


Día das LETRAS GALEGAS!!


Sabedes por qué celebramos este día?

Pois para poñer en valor a nosa lingua e as súas manifestacións literarias. A nosa língua é importante así como tamén todo o traballo que se fai usándoa. 

Escolleuse o 17 de maio para a conmemoración xa que así rememoramos a primeira edición do libro "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro.

Cada ano nestas datas lembramos a un escritor ou escritora que apostara pola difusión do galego cos seus escritos e traballos.

Neste 2023, o homenaxeado é Francisco Fernández del Riego: escritor, político e editor.






Deixámosvos unha ligazón ao Seminario Galán onde atoparedes moita información sobre este personaxe, así como actividades moi interesantes sobre a súa figura.





 


No Rosalía fixemos unha exposición sobre a efeméride das Letras Galegas







xoves, 27 de abril de 2023

 FEIRA DO LIBRO


Ratiños e ratiñas, a nosa feira do libro foi todo un éxito!!!!

Toda a comunidade educativa desfrutamos dos libros

Deixámosvos unhas imaxes desta festa, coa que conmemoramos o Día do Libro 2023,  esta data tan significativa para as bibliotecas.