Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta RETOS LITERARIOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RETOS LITERARIOS. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de xaneiro de 2025

 DIA DA PAZ


Ola ratiños e ratiñas:

Comezamos este segundo trimestre conmemorando o DIA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA.

Aquí podedes ver unha exposición dos fondos que temos na biblio sobre o tema da paz, e diferentes actividades para traballar nesta data tan importante.





Os colaboradores e colaboradoras da biblio leendo contos de Paz nos recreos, aos máis pequenos.
 





Dende o equipo de Polos Creativos propuxeron unha actividade para coñecer as mulleres que gañaron o premio Nóbel da Paz, a través dunha búsqueda de pistas.









Hoxe dia 30 conmemoramos o Dia escolar da Paz e Non Violencia, recitando e cantando no patio e soltando unhas pombas símbolo de PAZ









CANCIÓNS DE PAZ






mércores, 7 de decembro de 2022


 Ola ratiños e ratiñas: lembrades ao noso amigo Tilín?

Este curso volve a facer trasnadas polo cole e por si fora pouco, meteusenos na biblio!!!

  Queredes axudarnos a atopalo? SIIII? Pois atendede as instruccións:

  • Cando veñades co voso titor ou titora á biblio, poderedes ver o video conto para lembrar a historia de Tilín.
  • Atoparedes unha pista colgada na mesa de xestión.
  • Seguide a pista e.... a buscar a Tilín!!!
  • Cando o atopedes deixade apuntado o voso curso no cartel marcador.      
Moita sorte coa vosa búsqueda!!!! 



domingo, 17 de xaneiro de 2021

PREMIOS DO RETO DE NADAL

 O VENRES FIXEMOS ENTREGA DOS PREMIOS DO RETO DE NADAL DA BIBLIO. ROSALÍA. 

AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN OS AGASALLOS E QUE SIGADES PARTICIPANDO NOS RETOS DA BIBLIO. ROSALÍA. 

xoves, 31 de decembro de 2020

DESEXOS DE ANO NOVO

 ESTES SON OS DESEXOS DE NADAL QUE PEDIRON OS NENOS  E NENAS DO CEIP ROSALÍA DE CASTRO QUE PARTICIPARON NO RETO DE NADAL.



venres, 4 de decembro de 2020

RETOS LITERARIOS DA BIBLIO.ROSALÍA

Comezamos cos RETOS LITERARIOS dende a  biblio.rosalía:






 
 Enviade as vosas composicións cos desexos de nadal ao correo da biblio.rosalía:
biblio.rosalia@gmail.com

Tendes de prazo ata o 
VENRES 18 DE DECEMBRO 
para participar.

venres, 22 de maio de 2020

#euquedonacasa LETRAS GALEGAS 2020

REMATAMOS ESTA SEGUNDA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS COA PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS DO RETO 6: COÑECENDO AS NOSAS RAICES, ENTREGADOS POLO NOSO ALUMNADO.


 Moitas grazas pola vosa participación!!!

xoves, 14 de maio de 2020

mércores, 13 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS #euquedonacasa CONTO

HOXE TRAIOVOS ESTE CONTACONTOS DO CONTO "AS PITAS BAIXO A CHOIVA" DE RICARDO CARBALLO CALERO.
É UN RELATO QUE NARRA UN FEITO QUE LLE SUCEDEU A RICARDO CARBALLO CALERO CANDO ERA UN MENIÑO.


TAMÉN PODEDES LELO VOS OU QUE VOLO LEAN PASANDO AS FOLLAS CON ISSUU:

 ESCOITAR AS SÚAS CANCIÓNS:

NO SEGUINTE ÁLBUM DIXITAL PODES ESCOITAR AS 4 CANCIÓNS E DESCARGALAS.



OU  PODEDES XOGAR A ESTA ACTIVIDADE INTERACTIVA SOBRE O CONTO:


RECORDADE PARTICIPAR NO RETO 6 DA BIBLIO ROSALÍA, XA QUEDAN POUCOS DÍAS PARA CREAR A  ÁRBORE COAS NOSAS RAICES.




luns, 11 de maio de 2020

CONMEMORANDO AS LETRAS GALEGAS #euquedonacasa

O domingo 17 de maio, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, e durante esta semana e a vindeira conmemoraremos esta data na biblio.rosalía, xa que aínda que esteamos illad@s, temos que renderlle homenaxe a nosa lingua e a nosa cultura.

A data desta celebración débese a que tal día como o 17 de maio de 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou renacemento cultural do galego.
Con esta celebración a Real Academia Galega quere homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria no idioma galego ou pola defensa de dita lingua. 

Este ano o homenaxeado é
RICARDO CARBALLO CALERO.


Deixovos a continuación un vídeo coa súa biografía e vémonos mañá con mais actividades para conmemorar esta data:



E recordade participar no reto 6 proposto pola Biblio.Rosalía e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega: 


NON VOS OLVIDEDES DE INDICAR OS SEGUINTES DATOS NOS VOSOS CORREOS:

- Concepto: Coñecendo as nosas raíces
-Nome completo do alumno/a
-Curso
O prazo será ata o venres 15 de maio



luns, 4 de maio de 2020

#euquedonacasa RETO 6: LETRAS GALEGAS

Neste mes de maio o RETO que vos propoñemos dende
  do CEIP ROSALÍA DE CASTRO,
ten que ver coa celebración do 
Día das Letras Galegas.

Este ano conmemórase  a 
RICARDO CARBALLO CALERO


E este é o reto:

No seguinte cartel interactivo tendes toda a información do reto. 

Premede na pestaña de +info e no cartel co nome do reto para saber que tendes que enviar.


Ah!!  E revisade todos os elementos interactivos
para coñecer ao homenaxeado e mais cousas da celebración das Letras Galegas.