Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta #DÍA DAS BIBLIOTECAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #DÍA DAS BIBLIOTECAS. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de outubro de 2022

 EFEMÉRIDES


Boas meus ratiños e ratiñas:

Hoxe é o noso gran día porque é...


O DÍA DAS BIBLIOTECAS!!!!!

Lembrade que se elixiu ese día en recordo da destrucción da biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflicto dos Balcáns.

Coma sempre. se queredes coñecer máis cousas e investigar este suceso, visitade a nosa biblio.

 Aproveitando este gran día, botádelle un ollo a este titorial para saber cómo funcionan os empréstitos e devolucións de fondos.




Se che gustaría ser un bibliotecario ou bibliotecaria, visítanos tamén para ir aprendendo.

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!!!




domingo, 24 de outubro de 2021

DIA DA BIBLIOTECA 24 OUTUBRO

 Qué tal ratiños e ratiñas de biblioteca? Hoxe é o noso gran día, O DÍA DA BIBLIOTECA!!!!

E sabedes por qué o cada 24 de outubro celebramos esta festa?

Pois resulta que o 24 de outubro de 1992 durante a guerra dos Balcáns, incendiouse a biblioteca de Sarajevo. A destrucción fíxose adrede xa que se creía que esa biblioteca era unha mostra de impureza fronte a nación que querían construir.




Deste xeito lémbrase a importancia das bibliotecas para a conservación da memoria dos pobos.

En verbas de Mafalda:


Como agasallo deste día deixámosvos un video que vos pode axudar a construir un minilibro de papel.

Ratiños e ratiñas, non deixedes de ler, escribir e visitarnos na biblio.

Bicos literarios a todos e todas!!!!