Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta AXENDA CULTURAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AXENDA CULTURAL. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de xuño de 2025

 ANIVERSARIO DO COLEXIO: 50 ANOS


Qué tal ratiños e ratiñas?

Neste curso tócanos facer unha celebración moi especial: O cole Rosalia de Castro cumple...

50 ANOS!!!!!



Para celebralo organizamos e participamos nunha chea de actividades coas que recordar outros tempos, e deixar pegada destes nos que estamos:

Primeira comida de confraternización de antigos alumnos e mestres do cole. Colocación da primeira placa na zona de parking.







Participación na exposición da Camelia organizada polo Concello cunha composición lembrando o 50 aniversario.




Dende Polos Creativos agasallouse ao alumnado cun marcapáxinas de Rosalía e uns chaveiros que estarán finalizados en breve e listos para repartir.







A rapazada desfrutou nunha gran festa: participando nun concerto do fenomenal BRAIS DAS HORTAS





Xogando a xogos populares e saltando nas colchonetas







Merendando pastel de Aniversario.





O profesorado acudeu a un acto institucional, inaugurando unha placa conmemorativa por parte do Conselleiro de Educación Román Rodríguez, acompañado polo alcalde de Padrón, inspectores de educación, antigos directores e directoras do centro e profesorado antigo e actual do mesmo.

Remataron a xornada cunha comida conxunta.











A compañeira mestra Teté del Río elaborou tamén un mural conmemorativo e alusivo a Rosalia, a que da nome ao colexio.



Dende a asignatura de música elaboraron unha canción a modo de himmo oficial.






No corredor da entrada instalouse unha exposición de materiais antigos que teñen que ver coa docencia.







Un dron realizou varias tomas aéreas do colexio actual para facer unha montaxe.


Fíxose unha fotografía conmemorativa coa primeira promoción de alumnado do Rosalía (adultos que agora teñen ao redor de 60 anos) e o alumnado máis novo que chegou este ano ao centro, os compañeiros e compañeiras de 4º de infantil que teñen tres anos de idade.






E remataremos  na graduación de sexto curso, agasallando ao alumnado cunha galleta decorada alusiva a esta efeméride.

luns, 2 de xuño de 2025

 ANO CASTELAO


Ratiñas e ratiños:

A Xunta de Galicia ven de proclamar este ano 2025 como o 


ANO CASTELAO




Dende o cole Rosalía propuxemos un reto para coñecer máis esta figura tan importante da literatura galega. Xincana de pistas sobre Castelao por todo o cole:








Sabedes que foi un precursor dos memes en galego??





Para coñecer máis sobre él e por qué lle adicaron este ano, podedes visitar a nosa biblio e achegarvos a mesa informativa que temos alí preparada.





Deixámosvos por aquí unhas imaxes dos compañeiros e compañeiras traballando no reto Castelao, e amosando o diploma de recoñecemento e o labirinto que conseguiron como agasallo.































Agasallo: xogo de labirinto feito grazas a impresora 3D de Polos Creativos







Dende o colexio de Rianxo que leva o nome de Castelao, o alumnado de sexto foi convidado a facer unha visita ao mesmo e coñecer moitos máis aspectos desta figura literaria.