Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta DESPEDIDA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DESPEDIDA. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de xuño de 2026

DESPEDIDA

 DESPEDIDA


Bueno ratiños e ratiñas:

Un ano máis, as vosas mascotas favoritas, Leo e Páxina, pechan a biblioteca para iniciar o tempo de vacacións.

Esperamos que durante este curso visitarades moito a nosa biblio e desfrutárades con todas as propostas que de alí saíron.

Agardamos por vos no vindeiro curso xa que vos temos preparado un moreón de novas sorpresas.

Pasade un moi bo verán, descansade e collede forzas para setembro.


Despídense de vos: Leo e Páxina



Para rematar por aquí vos deixamos un vídeo de recomendacións para o verán, feito en colaboración coa biblioteca do CEIP Flavia, "Flavioteca".

ATA A VOLTA!!!!!



xoves, 19 de xuño de 2025

 DESPEDIDA DO CURSO


Bueno ratiños e ratiñas:

Rematamos aquí este curso 2024- 2025.

Dende a biblioteca esperamos que todo este tempo desfrutarades dos nosos fondos, do noso material informático, e das actividades que vos propuxemos dende setembro ata xuño.

Antes de despedirnos, queremos deixarvos por aquí unhas imaxes da última mesa de exposición de novidades moi fresquiñas para o verán e un cartel con recomandacións para desfrutar da lectura veraniega.










Nos, Leo e Páxina axiña comezaremos a traballar en novas ideas, retos e temas que propoñervos para que o vindeiro curso sexa igual de bo que este ou incluso mellor.




Pasade un moi bo verán, descansade moito e collede moitas forzas 

Vémonos en setembro...

FELIZ VERÁN!!!!

mércores, 4 de xuño de 2025

 DIPLOMAS DE COLABORADORES E COLABORADORAS

Ratiños e ratiñas:

Achegámonos xa ao remate do curso e a biblioteca vai finalizando a súa actividade.

Por elo, dende toda a comunidade educativa, recoñecemos o traballo do alumnado de sexto curso, como colaboradores e colaboradoras de xeito voluntario, na xestión e uso da biblioteca:

Eles e elas recibiron formación para tal fin: 

No tempo de recreo rexistraban os préstamos e devolucións de fondos na aplicación informática do Meiga.

Xestionaban os ordenadores velando por un bo uso dos mesmos, so para fins educativos.

Mantiveron en orden os fondos e mobiliario da biblioteca.

Foron encargados de que o clima dentro da biblioteca fose, ordenado, acolledor e invitase á investigación e a lectura. 

Moitas grazas a todos e todas pola vosa implicación no bo funcionamento da biblioteca.





Creamos así con todos eles e elas a nosa propia comunidade do Anel, agradecendo tamén a colaboración de Polos Creativos










venres, 21 de xuño de 2024

 FIN DE CURSO E DESPEDIDA


Ratiños e ratiñas lectores e lectoras:

Rematamos un curso máis as andainas da biblioteca do Rosalía coas súas mascotas Leo e Páxina.

 


 A modo de despedida, agasallamos aos colaboradores e colaboradoras na xestión e traballo desta biblioteca( alumnado de sexto de primaria), cuns diplomas conmemorativos e uns marcapáxinas.




Deixámosvos por aqui unas recomendacións de lecturas fresquiñas para o verán,  e ademáis non esquezades desfrutar dos xogos, a praia e a piscina, os viaxes e paseos, e as festas.

 



 



Moita sorte aos alumnos e alumnas que comezan unha nova etapa, e....


FELIZ VERÁN A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP ROSALÍA DE CASTRO!!!

 

Vémonos en setembro con moitas máis ganas de saber e leer!!!



xoves, 22 de xuño de 2023

 DESPEDIDA


Qué tal ratiños e ratiñas??

Hoxe Leo e Páxina pasamos por aquí para despedirnos. Remata o curso e imos ir de vacacións de verán a visitar outros lugares e coñecer novas lecturas.

O vindeiro curso viremos cargados de novos libros e contos, novas e emocionantes propostas e un montón de sorpresas máis.

Agardamos que no verán non deixedes as lecturas fresquiñas e que nos visitedes de novo na biblio a partires de setembro.

E como non, despedímonos con festa, o Festival do cole no que o pasamos moi ben desfrutando dos vosos bailes e actuacións.


PASADE MOI BO VERÁN E AGARDAMOS POR VOS EN SETEMBRO!!!!




luns, 6 de xuño de 2022

 REMATE DO CURSO


Ratiños e ratiñas, chegamos así ao remate deste curso 2021/2022.

Foron moitas as actividades que propuxemos dende a biblioteca, ademáis de exposicións, charlas e experiencias de todo tipo.

A continuación deixámosvos uns vídeos onde resumimos en imaxes todo o traballo feito neste curso.

Esperamos que aprendérades moito e desfrutarades tamén con nós neste ano, e esperamos que para o vindeiro sexa todo moito mellor.

Desfrutade do verán e vémonos en setembro!!!!!


PRIMEIRO TRIMESTRE




SEGUNDO TRIMESTRE

 



 TERCEIRO TRIMESTRE





domingo, 27 de xuño de 2021

ÚLTIMA CONTADA DO CURSO 2020-2021

 DENDE O RECUNCHO DAS CONTADAS DENDE AS CASAS, UNHA ALUMNA DA AULA DO PASEO DO ESPOLÓN, QUERE COMPARTIR CON TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP ROSALÍA DE CASTRO UN CONTACONTOS CHEO DE VALORES QUE FOMENTAN O COIDADO DO PLANETA, A NATUREZA, A RECICLAXE,...

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO O ALUMNADO DO PASEO DO ESPOLÓN, QUE XA O PUIDEMOS DISFRUTAR GRAZAS A NOSA COMPAÑEIRA ROSALÍA E A SÚA FAMILIA.