CONTACONTOS
De novo os colaboradores e colaboradoras da biblioteca exercen de contacontos para toda a cativada.
Nesta ocasión con relatos de Nadal.
NOVAS ACTIVIDADES NA BIBLIO
Ola ratiños e ratiñas!!! Qué tal estades??
Somos Leo e Páxina, e esta e a nosa primeira publicación no blog.
Queremos ensinarvos unha actividade moi interesante que fixemos na biblioteca para coñecer a unha cineasta muller que foi pioneira na súa materia. Así coñecemos a vida e traballo de Alice Guy, da man dela mesma.
Hoxe comezamos as Contadas da biblio. Unha actividade que se suspendeu por mor da pandemia, e finalmente retomamos da man dunhas alumnas de quinto. Este primeiro Contacontos foi dirixido aos cursos de primeiro e segundo, e o relato escollido foi o clásico Cocorico.
Velaquí o recuncho preparado:
Logo tamén escoitamos a súa canción.
SAMAÍN 2021
Benvidos ratiños e ratiñas de biblioteca a este recuncho escalofriante do SAMAÍN!!!!
Para que desfrutedes nesta data, deixámosvos dous contos SUPER TERRORÍFICOS!!!!! para pasares un día de medo.
Xa que esta celebración ten orixe celta, e en Irlanda lle chaman Halloween, escollemos un relato en galego, e outro moi faciliño en inglés. Este último moi ben narrado polo noso auxiliar de conversa Sumit.
Agardamos que vos arrepíen moito e o pasedes xenial con eles!!!!
FELIZ SAMAÍN!!!!🎃🎃