Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta #MOCHILAS VIAXEIRAS.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #MOCHILAS VIAXEIRAS.. Amosar todas as publicacións

venres, 22 de maio de 2026

MOCHILAS VIAXEIRAS

 MOCHILAS VIAXEIRAS


Ei ratiños e ratiñas!!

Ao longo deste curso, dende a biblioteca preparamos unhas mochilas viaxeiras, con materiais e fondos, para que o alumnado puidera levalas a casa e desfrutar do seu contido.



Foron ofertadas para : segundo, cuarto e sexto.



A biblioteca proporcionou a estes cursos unhas mochilas con libros de narrativa, recetarios de cociña, manuais de manualidades, películas de dvd e unha carpeta e caderno para que o alumnado se exprese libremente sobre esta actividade.


Cada luns un alumno ou alumna leva a mochila e debe devolvela ao luns seguinte, para traspasarlla ao seguinte compañeiro ou compañeira.

Aquí podemos ver os resultados de diferentes actividades realizadas con estes materiais.

















Solicitamos tamén unha maleta viaxeira a Asesoría de bibliotecas escolares coa temática da banda deseñada e que está a disposición de todo o centro.



Os máis pequechos do cole tamén teñen as súas propias mochilas viaxeiras personalizadas, nas que cada fin de semana levan a casa un conto. Utilizan tanto os fondos da biblioteca do cole como os propios das súas bibliotecas de aula.








venres, 13 de xuño de 2025

 MOCHILAS VIAXEIRAS


Qué hai de novo ratiños e ratiñas?

A rapazada dos últimos cursos de cada ciclo: 2º, 4º e 6º, foi a encargada de ir rulando polas súas casas as mochilas viaxeiras que puxemos en marcha dende a biblioteca.


Ian cargadas de materiais interesantes non só para ler senón tamén para facer e experimentar.






Así quedaron uns cadernos de receitas, manualidades e experimentos super chulis. 









Están expostos na entrada do centro para que todos e todas poidades desfrutar deles.



Grazas a todas esta rapazada e as súas familias pola sua colaboración e implicación nesta actividade.