Páxinas

xoves, 29 de setembro de 2022

 BENVIDA DA BIBLIO

Ola ratiños e ratiñas!!! Pensábades que nos esquenceramos de vos??

Pois diso nada. Estamos preparando a biblio para que en moi pouquiños días estea lista para utilizar.

Os colaboradores e colaboradoras xa están preparados para axudarvos en todo o que precisedes.

Como novidade deste ano, xa poderedes usar o espazo físico, visitala no recreo e levar libros e contos para a vosa casa.

Estade ben atentos porque achéganse novidades super interesantes!!!

Para ir abrindo boca, propoñémosvos un menú lector variadiño para estimular o apetito lector.











Esperamos que desfrutedes moito desta nova etapa, e VÉMONOS NUNS INTRES!!!!






Formación de colaboradores e colaboradoras





mércores, 15 de xuño de 2022

 A BIBLIO SEGUE EN MARCHA

Atención ratiños e ratiñas: os nenos e nenas de 2ºA usaron a biblioteca para investigar sobre as árbores, e fixeron un traballo fantástico que nos están a explicar aos demáis compañeiros e compañeiras.

QUÉ BO TRABALLO RAPACES E RAPAZAS!!!

Canto aprendemos nesta biblio!!!