Páxinas

venres, 14 de outubro de 2022

 CONTACONTOS NA BIBLIO

Boas ratiñas e ratiños!!!

Esta semana tivemos na biblio unha sesión de conta contos dirixida a Infantil e primeiro de primaria.

Gozamos do conto titulado "Eu, Mariña" e ensinounos moitas cousas interesantes sobre as persoas celíacas, que son intolerantes ao glute e teñen que ter unha alimentación especial, baseada en produtos que non conteñan esta proteína.

O glute soe estar presente en máis cousas das que nos imaxinamos por iso é importante coñecer esta intolerancia, pois unha inxesta accidental pode provocar dores de estómago, diarreas e malestar xeral.

Queredes saber máis do glute? Tedes curiosidade por investigar o que é unha proteína? Gustaríavos saber qué alimentos conteñen glute?

POIS VISITADE A BIBLIO QUE ALÍ ATOPAREDES TODA A INFORMACIÓN!!!!









luns, 10 de outubro de 2022

 CHEGOU O GRAN DÍA


Pois si, ratiños e ratiñas, chegou o día da inauguración da...


BIBLIO DO ROSALÍA PARA O CURSO 2022-2023!!!!

Este comezo foi todo un éxito, estabades desexando volver ao espazo físico da biblio, colaborar na súa xestión, gozar das historias e contos que aí viven e aprender e consultar un montón de cousas.

Como xa sabedes, está aberta nos recreos á vosa disposición e logo podedes vir cos vosos profes para facer préstamos, investigacións e lecturas diversas.
Como veredes nas fotos, xa comezamos a expoñer as novidades do outono e a facer un recunchiño do Samaín no corredor, para atraer a vosa atención e curiosidade e animarvos a visitarnos.

Seguide atentos porque día a día teremos novas interesantes.

Un saúdo e gozade da BIBLIO!!!!


Usuarios na inauguración da biblio
                            Usuarios na inauguración da biblio


                                    Colaboradores facendo o préstamo 



                            Uso da biblio coa titoría. Non e necesario saber ler para desfrutar dos contos.




Recuncho de outono no corredor.




                                                                    Recuncho de Samaín