Páxinas

xoves, 16 de abril de 2026

CLUBE DE LECTURA

 

            ¡Bo día!

                     O noso "clube de lectura rosaliano" segue en marcha.

 Comezaron facendo unhas recomendacións lectoras de diferentes obras que leron e lles entusiasmaron e despois de outra xuntanza, decidiron desfrutar dunha nova lectura: Olympia (seguro que lles vai a encantar).

 Dende aquí queremos resaltar a importancia do clube de lectura, xa que ademais de ter en conta os beneficios que ofrece, este espazo é un punto de encontro para descubrir, imaxinar e crecer xuntos. Moitas grazas as nenas por seguir dando unha continuidade a esta actividade.





            Dende o Equipo de Polos Creativos, fixoselle un agasallo para todas as nenas do Clube de Lectura.


Cando o tempo axuda reúnense a falar de libros, no patio a sombra.


Agora queren rematar o curso lanzándose á creación e están a elaborar un guión para un corto do que xa vos iremos dando máis información.

martes, 14 de abril de 2026

VISITA DE MARÍA VILLAVERDE

 

           ¡Bo día!

                  Como xa todos sabemos, no centro estamos a traballar o proxecto dos Xogos Olímpicos, polo que a semana pasada, recibimos no centro a visita dunha antigua alumna, María Villaverde, campiona de diferentes campeonatos Galegos, de Epaña e de Europa. Nesta xornada, explicoulle a todo o  alumnado a súa experiencia coa canoa, o seu día a día, as medallas que gañou(que non son poucas), a importancia do deporte e os beneficios que ten... Dende aquí, damoslle as grazas por adicarnos un anaco do seu tempo e desexámoslle moita sorte no seus próximos campionatos. 













Deixámosvos a entrevista radiofónica que lle fixemos a María