Páxinas

martes, 28 de abril de 2026

DIA DO LIBRO 23 ABRIL 2026: ACTIVIDADES

 

     DIA DO LIBRO 23 ABRIL 

  ¡Ola familias!

Debido a circunstancias alleas a nosa biblioteca, este ano non puidemos aínda celebrar a nosa tradicional feira do libro, para fomentar a lectura e o uso dos libros.

Aínda así dende a biblioteca ofertamos varias actividades relacionadas con esta celebración.




 O alumnado de 5º de primaria quixo converterse nun auténtico equipo de recomendacións lectoras. Despois de pensar nos seus libros favoritos, prepararon unha seleción moi especial para compartir con toda a comunidade educativa.  Amosámosvos unhas fotos de todo o traballo realizado.




Dende infantil decoramos a rapazada lectora



Tamén estamos a completar un mural con fotos e debuxos da recreación de portadas dos nosos contos favoritos.










luns, 27 de abril de 2026

 LECTURA E FAMILIAS


Bo dia ratiños e ratiñas!:

Ocórresevos mellor maneira de rematar a semana do libro, que escoitando un contacontos?





Pero este contacontos é moi especial, porque como  na biblio do Rosalía sabemos que "as familias tamén contan"... convidámolas a compartir con nós relatos e historias.




Nesta ocasión tivemos a sorte de recibir a un pai de primeiro de primaria para leernos un conto precioso:


ADIVINA CUÁNTO TE QUIERO




Moitas grazas por vir e esperamos que máis familias vos animedes a traernos fermosas historias xa coñecidas para recordar ou outras novas por coñecer.