MAGOSTO E SAMAÍN
Ratiños e ratiñas, o pasado venres 30 de outubro no cole Rosalía celebramos os festexos do magosto e o Samaín.
Coma sempre, dende a biblio colaboramos cunha exposición de fondos relacionados coa temática, e recomendacións de contos.
Tamén participamos na organización dun concurso de debuxos terroríficos e relatos espantosos, en colaboración coa equipa de Dinamización da lingua. Os gañadores leron os seus contos ao resto do cole, e expuxeronse todos os debuxos participantes.
Dende a equipa de actividades complementarias e extraescolares propuxeron facer un recuncho terrorífico con fotos traídas polo alumnado do cole, disfrazados para a ocasión e posando nun decorado que transmita moitísimo medo.
Ademáis organizaron un desfile de disfraces,
e o gran....
CASTAÑAZO FEST
No que degustamos castañas asadas.
Para rematar esta xornada festiva tivemos unha sesión de xogos populares.
PASAMOS UN DÍA TERRORÍFICAMENTE XENIAL!!