Páxinas

venres, 7 de febreiro de 2020

CELEBRANDO A PAZ

O xoves 30 de xaneiro celebramos  o Día da Paz no CEIP Rosalía de Castro.
Todos xuntos no ximnasio do colexio cantamos unha canción con lingua de signos e outra en inglés.

Ademais o presidente do clube antiviolencia e colaborador da biblioteca, Samuel París, compartiu connosco unhas palabras arredor da paz e a labor que desempeña dito clube no centro.
Logo renovouse a dirección do clube e animouse a todos os nenos e nenas a participar en dito clube.

Pero a celebración desta conmemoración comezou  uns días antes e dende a biblio.rosalia  apoiamos aos diferentes equipos do colexio aportando o noso graniño de area coa selección duns contos arredor da Paz.


Dado que o Proxecto documental Integrado do Centro, como sabedes, é arredor das árbores,
estudamos a figura da keniana Wanghari Muta Maathai, a primeira muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz pola súa contribución ao "desenvolvemento sostible, a democracia e a paz", fundando o Movemento Cinturón Verde.


Dita celebración aínda non rematou, xa que debemos recordar que a paz facémola todos os días cando axudamos, sorrimos, colaboramos, apoiamos, pensamos nos demais... E no noso cole seguimos vivindoa pintando entre todos un mural sobre Wanghari Maathai no patio do colexio.


Pronto vos ensinaremos a foto do mural rematado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario