Páxinas

luns, 9 de marzo de 2020

Escola de Pais/Nais e Plan Director para as familias

Na biblio.rosalia estamos levando a cabo diferentes charlas tanto para o alumnado  como para as suas familias.
Dentro da Escola de Pais/Nais, xa levamos varias ponencias, moi interesantes para a nosa comunidade educativa.

Ponencia sobre "Alimentación e Celiaquia" a cargo da Asociación de celiaquía de Santiago de Compostela, que nos informaron moi ben do que é a enfermidade celuaca e nos deron diferentes folletos e contos para traballar a celiaquía e ter unhas pautas de actuación.



Ponencia sobre  "Educación en igualdade e Coeducación", da man de Jorge García Marín, profesor da universidade de Santiago de Compostela.






Ponencia sobre "Disciplina positiva, normas e límites" a cargo de Mercedes Urbiola, licenciada en pedagoxía.







Ponencia para as familias acerca das "Novas Tecnoloxías"  onde nos informaron sobre o uso de internet e do teléfono polos nosos fillos, como pode afectar na súa educación, que precaución hai que ter no uso das novas tecnoloxías por parte dos nenos e nenas, cando é a idade recomendable para empregar o móvil, entre outras cousas.






Esperamos poder seguir disfrutando de ditas charlas e Escola de Pais/nais se a pandemia na que nos atopamos nolo permite.


Ningún comentario:

Publicar un comentario