Páxinas

mércores, 21 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO 2021

Chegou abril e a Semana do Libro, polo que dende a biblio.rosalía propoñémosvos unha nova actividade:    


A actividade consiste en crear un anuncio (mellor en formato vídeo, pero pode ser un podcast ou cartel) recomendando un libro aos compañeir@s baixo o lema “A onde viaxaches cun libro?”, aproveitando as #xeografíaslectoras deste curso escolar.
Non debedes esquecer dar os datos do libro, dicir a onde viaxáchedes ao lelo, dar algunhas pistas do seu contido e animar a que o lean os compañeiros e compañeiras do cole.

Ademais podedes festexar esta Semana do Libro enviando un vídeo para o recuncho das "CONTADAS"
 #CONTADASdendeascasas.

Pedídelle axuda aos vosos familiares.  para narralo ou gravarvos.
 
Agardamos que o día 23 poidamos mostrarvos as recomendacións lectoras dos nosos booktubers e pouco a pouco colgaremos as contadas dos nenos e nenas do CEIP Rosalía de Castro para que disfrutes dende as casas.


#CREAccións para festexar o Día do Libro



Ningún comentario:

Publicar un comentario