Páxinas

venres, 16 de decembro de 2022

 EXPOSICIÓN DE BELÉNS


Boas festas ratiños e ratiñas!!!

Queremos lembrarvos que xa está aberta ao público a exposición de Beléns artesanais elaborados polo alumnado e familias do noso cole.

Podedes pasarvos a vela dende as 15:45 ata as 18:00 horas, ata o mércores 21 de decembro (en directo son moito máis impresionantes).

Os alumnos e alumnas de 6º curso agradecen que ao rematar a visita aportedes un donativo  para axudalos cos gastos da súa excursión "Fin de curso".

Desfrutade moito desta mostra e lembrade:

 Si queredes saber máis cousas sobre a historia dos Beléns, ou mesmo aprender a facer un...

VISITADE A NOSA BIBLIO!!!










Ningún comentario:

Publicar un comentario