Páxinas

luns, 11 de decembro de 2023

 ELF ON THE SHELF

Ola ratiños e ratiñas:

Como xa é tradición na biblio do Rosalía, este ano tamén nos ven visitar o elfo Tilín, facendo trasnadas e agochándose polos recunchos.

Se queredes atopalo, cando veñades á biblioteca coa vosa titoría podedes facelo do seguinte xeito:

  • Haberá un recuncho habilitado para ler o conto coa historia de Tilín
  • Despóis de escoitar o conto, fixádevos na pista que estará pegada na mesa de xestión

E A BUSCAR!!!

  • Cando o atopedes, lembrade NON TOCALO!!! para que a súa maxia non desapareza.
  • Para rematar anotade no panel da mesa de xestión o curso que sodes.
Animádevos a participar e desfrutade da maxia do Nadal!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario