Páxinas

luns, 10 de novembro de 2025

CHARLA DE CIENCIA NA BIBLIOTECA

 

        ¡Boas ratiñ@s!

           Hoxe, na biblioteca acollimos unha charla sobre ciencia. Esta proposta, ven dada polo CIM(Centro de información á muller) que pretende por en marcha un programa escolar que mistura e pon en valor o mes da Ciencia e o mes no se que destaca a Non Violencia de xénero. Grazas a arenaria, tivemos hoxe no centro unha charla para achegar aos nenos e nenas diferentes coñecementos sobre a ciencia, como é o coñecemento de moitas científicas internacionais, españolas e galegas e os seus descubrimentos; por outro lado, tamén fixeron fincapé na importancia en que cada quen estude e traballe no que lle gusta, poñendo en valor cada persoa. Estamos seguros que os nenos disfrutaron moito desta sesión informativa. 

 










 

Ningún comentario:

Publicar un comentario