Páxinas

mércores, 25 de novembro de 2026

 MES DA CIENCIA




Ratiños e ratiñas, xa que novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas, dende a nosa expuxemos unha selección de fondos científicos cos que contamos e que se atopan dispoñibles para toda a comunidade educativa.





Desta volta, os máis pequenos encargáronse da parte de divulgación científica e experimentación, guiados por este libro:



 Asi, amosáronlle aos compañeiros e compañeiras das outras aulas de infantil, e do primeiro ciclo de primaria cómo funciona o ciclo da auga na natureza. 







E así recrearon a chuvia







Achegàronllo aos seus compañeiros e compañeiras de infantil:







E descubriron distintas densidades dos líquidos fabricando lámparas de lava.













Ningún comentario:

Publicar un comentario