Boas ratiñ@s,
Estos últimos día no centro estivemos realizando diferentes actividades relacionadas co día da muller.
Fixemos unha exposición na entrada do centro sobre o tema, incluindo recursos didácticos para todas as idades.
O alumnado coñeceu diferentes mulleres que destacan en diferentes deportes Olímpicos, así como as mulleres máis importantes da súa vida.
Por último o alumnado de terceiro ciclo, descubriron á científica Patricia Fernández Calvo. Investigaron a súa vida profesional, logo veu a contarnos en persoa o seu proxecto de investigación no que está actualmente inmersa co seu equipo na Misión Biolóxica de Galiza. Dende Polos Creativos, en Rosalía nas Ondas, abrimos un novo espazo de radio chamado ``A lupa do recreo´´, que se inagurará cunha tertulia con esta investigadora galega. Neste programa poderedes escoitar como sonseguíu os diferentes logros na Ciencia e o ``superpoder´´ que atopamos nas plantas. Así, como o que significa ser científica, mamá e muller ao mesmo tempo.



















.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario