EDUCACIÓN AMBIENTAL
Ola ratiños e ratiñas:
Onte tivemos a visita no cole da Brigada forestal antiincendios. Foi unha xornada adicada a coñecer de primeira man o traballo destes profesionais, a súa importancia como colectivo e como podemos contribuir a coidar dos montes, bosques e o noso medio natural
Os brigadistas organizaron diferentes estacións de aprendizaxe para coñecer a flora dos nosos montes, o seu coidado, as ferramentas que utilizan para traballar, os grupos especiais, o manexo das mangueiras e a motobomba...
A nosa biblioteca en concreto acolleu as charlas máis teóricas sobre a situación dos nosos montes e bosques
E tamén unha exposición de distinta flora dos montes da contorna, na que nos explicaron que tipo de árbores e plantas podemos recoñecer na nosa contorna e se é fácil que as consuma o lume ou son máis resistentes.
Por último agasalláronnos cuns contos no que os Bolechas nos explican o traballo dos brigadistas, e uns xogos de preguntas e respostas sobre todo o aprendido nesta xornada de educación ambiental.







Ningún comentario:
Publicar un comentario