Páxinas

martes, 24 de outubro de 2023

 ACTIVIDADES DE OUTUBRO


Ola ratiños e ratiñas: hoxe nos, Leo e Páxina as mascotas da vosa biblio temos unhas novas que darvos:

TEMOS NOVOS BLOGUEIROS E BLOGUEIRAS NA BIBLIO!!

Os alumnos e alumnas de sexto curso de primaria, a partires de agora van ser os encargados de manexar o blog e transmitirvos todas as novas que acontecen na biblio e tamén no cole Rosalía.

Ainda están aprendendo a xestionalo pero si visitades a publicación anterior, a da visita de Julio Verne, esa foi a súa primeira achega.







Antes de despedirnos non nos esquecemos de amosarvos a entrevista que o alumnado de sexto fixo a unha persoa do colectivo LGTBIQ+ co gallo do Día da saída do armario, para coñecer de primeira man o significado desta efeméride 







E para conmemorar o...

 DIA DAS BIBLIOTECAS

 Hoxe 24 de outubro, o alumnado de sexto preparou unha sesión de contacontos dirixida aos máis pequenos e pequenas do cole, o alumnado de infantil e de primeiro de primaria. Foi todo un éxito.
























Deste xeito decímosvos: ATA LOGO!!  deixándovos en moi boas mans, as destes fantásticos blogueiros e blogueiras, pero seguiremos véndonos cando subades a biblio .

Ningún comentario:

Publicar un comentario