Páxinas

mércores, 21 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO 2021

Chegou abril e a Semana do Libro, polo que dende a biblio.rosalía propoñémosvos unha nova actividade:    


A actividade consiste en crear un anuncio (mellor en formato vídeo, pero pode ser un podcast ou cartel) recomendando un libro aos compañeir@s baixo o lema “A onde viaxaches cun libro?”, aproveitando as #xeografíaslectoras deste curso escolar.
Non debedes esquecer dar os datos do libro, dicir a onde viaxáchedes ao lelo, dar algunhas pistas do seu contido e animar a que o lean os compañeiros e compañeiras do cole.

Ademais podedes festexar esta Semana do Libro enviando un vídeo para o recuncho das "CONTADAS"
 #CONTADASdendeascasas.

Pedídelle axuda aos vosos familiares.  para narralo ou gravarvos.
 
Agardamos que o día 23 poidamos mostrarvos as recomendacións lectoras dos nosos booktubers e pouco a pouco colgaremos as contadas dos nenos e nenas do CEIP Rosalía de Castro para que disfrutes dende as casas.


#CREAccións para festexar o Día do Libro



venres, 2 de abril de 2021

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

HOXE CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, E DENDE A BIBLIOTECA. ROSALÍA NON QUEREMOS DEIXAR DE CELEBRARLO, AÍNDA QUE NOS ATOPEMOS DE VACACIONES DE PASCUA
DEIXAMOSVOS ESTE VÍDEO NO QUE VOS ANIMAN A CONTINUAR DISFRUTANDO DOS LIBROS. 


E VOS ANIMAMOS A PARTICIPAR NO CONCURSO "EU SON...!" NO QUE O GÁLIX (ASOCIACIÓN GALEGA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL) NOS PROPÓN  GRABAR UN VÍDEO REPRESENTANDO A NOSA PERSONAXE LITERARIA PREFERIDA  E COLGALA NAS REDES SOCIAIS.
PODEDES CONSULTAR AS BASES DO CONCURSO FACENDO CLICK NO CARTEL.