Páxinas

mércores, 25 de outubro de 2023

 VISITAS NA BIBLIO


Hoxe tivemos unha nova visita na biblio.

Acompañounos Juan Pedro Blanco Mira "Juampe", un aventureiro de Brión que decidiu un día coller a súa bicicleta e sair a explorar o mundo sen máis equipaxe que a súa tenda de campaña, un saco de durmir e unha botella para ducharse.

Juampe falounos e amosounos paisaxes que visitou coa sua bicicleta, coma os Alpes, animáis que atopou no seu camiño, (chegou case a Turquía!!!) e falounos de como  é viaxar só e case sen nada, convertíndose esta aventura nunha experiencia de supervivencia case extrema.

Tamén plasmou a sua ruta e vivencias nun libro que por suposto está a vosa disposición na biblio.



Entusiasmounos a historia de Juampe, fixémoslle unha chea de preguntas e aprendemos unha morea de cousas interesantes.

Lembrade que podedes seguir as súas aventuras na súa canle de Youtube, ou no perfil de Instagram MundoSinRumbo.

Grazas Juampe!!












Ningún comentario:

Publicar un comentario